Saltar ao contido
Inicio / SÁBADO 6 OUTUBRO

SÁBADO 6 OUTUBRO

18:00 A REBELIÓN DOS CONTOS

06:10 A REBELIÓN DOS CONTOS

Título orixinal: Revolting Rhymes
Xénero: Animación
Ano: 2016
Duración: 61´
País: Reino Unido
Dirección: Jakob Schuh, Jan Lachauer, Bin-Han To
Guión: Jakob Schuh, Jan Lachauer
Música: Ben Locket

Sinopse:
A Rebelión dos Contos é unha adaptación do best-seller de Roald Dahl, Revolting Rhymes. É unha película que recupera personaxes e relatos clásicos coñecidos por todo o mundo para darlles a volta e introducir xiros enxeñosos e moi actuais. A adaptación no cine respecta o espírito transgresor de Roald Dahl e aínda vai máis aló mesturando as historias entre si para facer unha nova. A Rebelión dos Contos é unha revisión moderna e politicamente incorrecta de clásicos da literatura infantil, unha película irreverente para nenos e nenas que re inventa os contos con humor e intelixencia.

RECOMENDAMOS A PARTIR DE 7 ANOS

21:00 A ORDE DIVINA

06:10 A ORDE DIVINA

Título orixinal: Die göttliche Ordnung
Ano: 2017
Duración: 96´
País: Suíza
Dirección: Petra Biondina Volpe
Guión: Petra Biondina Volpe
Música: Annette Focks
Fotografía: Judith Kaufmann
Intérpretes: Marie Leuenberger, Maximilian Simonischek, Rachel Braunschweig, Sibylle Brunner, Marta Zoffoli, Bettina Stucky, Noe Krejcí, Finn Sutter, Peter Freiburghaus, Therese Affolter, Ella Rumpf, Nicholas Ofczarek, Sofia Helin, Elias Arens, Mirjam Zbinden, Marietta Jemmi, Kristin Flückiger, Urs Bosshardt, Fabienne Hadorn, Sandra Utzinger, Steffi Friis, Walter Leonardi, Ingo Ospelt

Sinopse:
En 1971, as mulleres suízas aínda non podían votar. Nora é nai de dúas crianzas, traballa na casa e vive nunha pequena e pintoresca vila onde as novas das protestas polos dereitos civís, a revolución sexual e os movementos contraculturais apenas son tema de discusión. Nora é tranquila e conta coa simpatía de todas as persoas. Pero cando o seu marido lle prohibe aceptar un traballo a tempo parcial, a frustración lévaa a iniciar a loita polo sufraxio feminino. A súa sona tráelle ameazas e a posibilidade da fin do seu matrimonio, pero ela négase a dar marcha atrás, e convence ás demais mulleres para iren á folga. As tranquilas vidas da súa veciñanza veranse afectadas por completo.

Premios:
2017: Festival de Tribeca: 3 Premios, incluíndo o do Público (Cine internacional)
2017: Festival de Xixón: Sección oficial longametraxes a concurso
2017: Satellite Awards: Nominada á mellor película de fala non inglesa