21:00h GALICIA EN CURTA
SON UNHA TUMBA
Ano: 2018
Duración: 12´
Dirección e guión: Khris Cembe
Sinopse:
Como de costume un neno observa escondido a seu pai descargar tabaco de contrabando en medio da noite. Pero esta noite non é tabaco.
Premios:
2019 Premios Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de animación.
2019 Festival de Cans: Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación.
2019 3D Wire Fest: Mellor curtametraxe Nacional e premio do público.
2019 Premios Goya: Nominado a mellor curtametraxe de animación.
2019 Premios Quirino de animación Iberoamericana: Nominado a mellor curta de animación.
A NENA AZUL
Ano: 2018
Duración: 25´
Dirección e guión: Sandra Sánchez
Sinopse:
Unha nena de oito anos fuxe do colexio e agóchase nunha praia solitaria mentres procura ao seu pai. Alí coñece a unha nena moi semellante a ela.
Premios:
2019 Premios Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de imaxe real.
2018 Festival Curtocircuito: Mención especial do xurado na sección Planeta GZ.
HOMOMAQUIA
Ano: 2018
Duración: 12´
Dirección e guión: David Fidalgo
Sinopse:
Homomaquia preséntanos un mundo onde as persoas son tratadas como estas tratan aos animais, establecéndose unha forte metáfora sobre a tauromaquia.
Premios:
2019 Festival de Cans: Mención especial do xurado
ZU
Ano: 2018
Duración: 9´
Dirección e guión: Egoitz Cobo
Iluminación: Kristina Darko
Sinopse:
Procura da identidade dunha persoa ao longo da súa vida.
Premios:
2018 Sección oficial de curtametraxes do Festival de Cannes