18:00 A VIDA DE CALABACÍN
Título orixinal: Ma Vie De Courgette
Xénero: Animación
Ano: 2016
Duración: 66’
País: Suíza
Dirección: Claude Barras
Guión: Céline Sciamma, Germano Zullo e Morgan Navarro
Sinopse:
Calabacín é un neno valente que despois de perder á súa nai ten que ingresar nun fogar de acollida, con outros nenos/as orfos/as da súa idade. Nun primeiro momento esfórzase por atopar o seu lugar neste medio hostil. Con todo, coa axuda das súas novas amizades, Calabacín aprende a confiar, atopa o verdadeiro amor e unha nova familia.
Premios:
2016: Premios Oscar: Nominada a Mellor película de animación
2016: Globos de Ouro: Nominada a Mellor película de animación
2016: Premios César: Mellor film de animación e guión adaptado
2016: Premios Annie: Nominada a mellor director, film independente e guión
2016: Festival de Annecy: Mellor película e Premio do público
2016: Festival de San Sebastián: Premio do público – mellor film europeo
2016: Premios del Cine Europeo: Mellor film de animación europeo
2016: Satellite Awards: Mellor longametraxe de animación
21:OO A DELGADA LIÑA AMARELA
Título orixinal: La delgada línea amarilla
País: México
Ano: 2015
Duración: 95’
Dirección: Celso García
Guión: Celso García
Fotografía: Emiliano Villaneva
Música: Daniel Zlotnik
Intérpretes: Damián Alcázar, Joaquín Cosío, Gustavo Sánchez Parra, Silverio Palacios, Américo Hollander
Sinopse:
A viaxe de cinco homes contratados para pintar a liña divisoria dunha estrada que conecta dous lugares de México. A bordo dunha vella camioneta, comezan un traballo de máis de 200 Km. de asfalto e pintura amarela que deberán completar en menos de quince días. Ao rematar entenderán que hai unha delgada liña entre o ben e o mal, entre a risa e o pranto, entre a vida e a morte.
Premios:
2017: Premios Platino: Nominada a mellor ópera prima, guión, montaxe e actor
2015: Festival de Gijón: Premio Especial do Xurado, mellor guión
2015: Premios Ariel: 14 nominacións incluíndo mellor película e actor (Alcázar)