Saltar ao contido
Inicio / DOMINGO 1 OUTUBRO

DOMINGO 1 OUTUBRO

18:00 O SEGREDO DE AMILA

Amila

Título orixinal: El Secreto de Amila, Olentzero eta Amilaren sekretua
Xénero: Animación
Ano: 2015
Duración: 80´
Dirección: Gorka Vázquez
Guión: Xegundo Altoagirre, Gorka Vázquez, Roberto Alfaro.

Sinopse:
Amila, unha nena de 9 anos que naceu coa enfermidade dos osos de cristal, ten que ser ingresada nun hospital debido aos mareos e dores de cabeza que padece. Alí, ela e as súas amizades, Fede e Mai, reciben sesións de terapia. Ao principio, os días na clínica fanse longos e molestos, pero grazas ás súas amizades acaban sendo mesmo divertidos.

Premios:
2016: Premios Platino: Nominada a mellor película de animación

21:00 O RAIO

El rayo
Título orixinal: El Rayo
Ano: 2013
Duración: 86´
Dirección: Fran Araújo, Ernesto de Nova
Guión: Fran Araújo, Ernesto de Nova
Fotografía: Diego Dussuel
Música: Juanjo Valmorisco, Ana Villa
Intérpretes: Hassan Benoudra

Sinopse:
Cando chegou a España, Hassan, un inmigrante marroquí, non tiña nada. Agora, despois de trece anos queda sen traballo e decide investir todos os seus aforros nun tractor de segunda man para gañar a vida en Marrocos. Esta é a viaxe de Hassan no seu tractor, o Raio, ata Marrocos.