18:00 MEIGALLOS
Título orixinal: Brujerías
Xénero: Animación
Ano: 2013
Duración: 76’
País: Galicia
Dirección: Virginia Curiá
Guión: Ánxela Loureiro
Sinopse:
Malva está abducida polas novidades tecnolóxicas. Vive coa súa avoa Lalilas e a súa mascota Mus, nunha caravana coa que se desprazan vendendo herbas e preparados curativos naturais e tradicionais. As fórmulas, que Lalilas garda celosamente son obxecto de desexo da dona dunha fábrica de cosméticos, que non dubidará en secuestrar á anciá para conseguilas.
Premios:
2017: Premios Platino: Nominada a mellor película de animación
21:00 O CLÁSICO
Título orixinal: El clásico
Ano: 2015
Duración: 97’
País: Irak – Kurdistán
Dirección: Mustafá Halkawt
Guión: Anders Fagerholt e Mustafá Halkawt
Fotografía: Kjell Vassdal
Música: Trond Bjerknes
Intérpretes: Wrya Ahmed, Dana Ahmed,Kamaran Raof, Rozhin Sharifi
Sinopse:
Os irmáns Alan e Shirwan viven nunha localidade do Kurdistán iraquí. Alan quere a Gona, pero o pai dela prohíbelle casar cun home anano. Alan, sabedor de que é seguidor do Real Madrid e que fabricou uns zapatos para Cristiano Ronaldo, róuballos coa idea de conseguir que aprobe o seu matrimonio se consigue entregarllos a Cristiano. Así é como poñen rumbo a España nunha moto destartalada, sorteando a contrabandistas, burócratas e terroristas.
Premios:
2016: Festival de Tribeca: Mellor fotografía internacional (Kjell Vassdal)