Saltar ao contido
Inicio / SÁBADO 5 OUTUBRO

SÁBADO 5 OUTUBRO

18:00h O VENTO ENTRE AS CANAS

El_viento_entre_las_ca_as-233697406-large

Título orixinal: Le vent dans les roseaux

Ano: 2017

Duración: 62´

Dirección: Arnaud Demuynck, Nicolas Liguori, Anaïs Sorrentino

Guión: Rémi Durin, Nicolas Liguori

Sinopse:

Cinco aventuras sobre a liberdade con músicas orixinais e con heroínas sorprendentes. A divertida nena que quere xogar a cabaleiros en Encaixes e Dragóns, a tenra amizade entre unha princesa e unha dragona en A Caza do Dragón, as fermosas estrelas en A nena e a noite, as ganas de ser libre do animal fantástico de A Unicornio e a loita pola liberación da tiranía en O Vento entre as canas.

Premios:

2017 Seleccionada no Festival de Cine de Animación de Annecy

2017 Premio do Xurado do Festival Plein la bobine de La Bourboule

2017 Premio do Público e do Xurado do Festival Les Toiles Filantes

2017 Premio do Público do Festival Voir ensemble de Grenoble.

* RECOMENDAMOS A PARTIR DE 5 ANOS

21:00h A MULLER DA MONTAÑA

6d2d4df4-la_mujer_de_la_monta-a_v2_sev_a4_af

Título orixinal: Kona fer í stríð 

Ano: 2018

Duración: 101´

Dirección: Benedikt Erlingsson

Guión: Ólafur Egilsson, Benedikt Erlingsson

Interprétes: Halldóra Geirharðsdóttir, Jóhann Sigurðarson, Juan Camilo Roman Estrada

Sinopse:

Aos seus cincuenta anos, Halla, profesora de canto, declara a guerra á industria local do aluminio, que está contaminando o seu país. Para o que asume todos os riscos para protexer o medio ambiente. Pero a súa situación podería cambiar coa chegada dunha carta que dá luz verde para iniciar os trámites de adopción dunha nena.

Premios:

2018: Premios do Cine Europeo: Nominada a mellor actriz (Geirharðsdóttir)

2018: Festival de Valladolid – Seminci: Mellor actriz (Geirharðsdóttir)

2018: Festival de Sevilla: Premio do Público

2018 Premio Lux : Mellor película

2019 Premios EDDA: 10 premios, Mellor película, dirección, guión, actriz,…