21:00h HAMADA
Ano: 2019
Duración: 89′
Dirección: Eloy Domínguez Serén
Sinopse:
En medio dese deserto da nada que é o Sahara críanse xeracións ás que Marrocos lles negou o país en 1975. O tempo presente o pasan matando as horas pero es xoven e hai amizades, hai risa necesaria, hai ideas rebeldes e hai soños inconformistas ditos moi alto e claro. Lonxe de humillar cabeza, arranxan coches que podan correr, aínda que non vaian máis aló dos valos de fíos de púa e muros que os/as queren retidos/as e invisibles. E ata protexidos/as se non molestan.
Premios:
2018 Festival de cine de Gijón: Mellor película española e mellor Director.
2019 Cinéma du Réel: Mellor documental en Competencia Internacional, premio da Xuventude e premio Loridan.
2019 Festival Internacional de cine de Bos Aires: Nominada a mellor película
2019 Festival Internacional de Durban: Nominada a mellor documental
2019 Festival Internacional de Edinburgh: Nominada a mellor documental
2019 Festival de Götenborg: Nominada a mellor documental