Visita guiada – “Estéticas do Cinema”
Visita guiada: venres 1 de outubro ás 19.30 h
Estéticas do cinema é unha mostra da artista Rosa Neutro que recolle unha ampla escolma dos seus traballos dos últimos anos arredor da iconografía do cine clásico.
A partir da intervención nestas imaxes, a autora afonda en aspectos como a identidade, a autobiografía ou a memoria nas súas fotomontaxes, fotografías e instalacións que se poderán ver no Auditorio de Cangas dentro da presente Semana de Cine.