Vainilla e outras curtas
A partir de 5 anos
Título: Vainilla
Título orixinal: Vanille
País: Francia
Ano: 2020
Dirección: Guillaume Lorin
Duración: 29 min e 26´´
SINOPSE
Vainilla, unha nena parisina, chega á Illa de Guadalupe para pasar as vacacións coa súa tía. Ao principio rexeita todo o relacionado coa illa, pero pouco a pouco descubrirá os seus misterios e adentrarase nunha aventura exótica chea de personaxes pintorescos e elementos máxicos.
Título: O meu amigo Tigre
Título orixinal: My friend Tiger
País: Rusia
Ano: 2021
Dirección: Tatiana Kiseleva
Duración: 7 min e 26´´
SINOPSE
Unha nena e o seu amigo Tigre pasean en bicicleta pola cidade. Están todo o día facendo cousas xuntos e compartindo experiencias, ata que un día a cidade queda demasiado pequena para tigre.
Título: Cada día falas mellor
Título orixinal: Ton français est parfait
País: Francia
Ano: 2020
Dirección: Julie Daravan Chea
Duración: 4 min e 12´´
SINOPSE
Aline e súa nai Chanda, orixinarias de Camboya, viven xuntas nun suburbio en Francia. Aline descobre que se está planificando unha reunión de pais e nais, pero non quere que súa nai vaia porque lle da vergoña que non fale ben francés.
Título: Idodo
País: Suiza
Ano: 2021
Dirección: Ursula Ulmi
Duración: 10 min.
SINOPSE
Idodo explica a lenda de como os peixes do arrecife obtiveron as súas magníficas cores.
Título: Curry azul
Título orixinal: Blue curry
País: Francia
Ano: 2021
Dirección: Magali Dunyach e Chien-Ju Hung
Duración: 6 min.
SINOPSE
As mellores leccións de vida apréndense a través das experiencias máis simples, como cociñar un plato de curry na compaña de mamá.
Título: Día de lavado
Título orixinal: Wash Day
País: Canadá
Ano: 2019
Dirección: Jaida Salmon
Duración: 2 min e 18´´.
SINOPSE
Zoey pasa polo complicado proceso de lavar, peitear e controlar o seu pelo.