Un barco no xardín

V.E.
(Slocum et moi)
Ano: 2024
Duración: 75 min
País: Francia
Dirección: Jean François Laguionie
Guión: Jean-François Laguionie, Anik Leray
Música: Pascal Le Pennec
SINOPSE
Nas ribeiras do río Marne, en Francia, François, un neno soñador e dunha imaxinación sen límites cambia a súa vida cando o seu pai decide construír un barco no xardín, a réplica do Spray, o barco co que Joshua Slocum completou a volta ao mundo en solitario no ano 1895. Deste xeito comeza a gran odisea da familia, unha aventura colectiva para construír un barco que os leve lonxe, a medio camiño entre a realidade e a ensoñación.
PREMIOS
Festival de Annecy 2025: Nomeada ao Cristal como mellor longametraxe
A venda de billetes de Cota socios 2 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!
A venda de billetes de Cota Sesión NON Socio 4,5 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!







