QUENDA DE GARDA

V.O.
(Heldin)
Ano: 2025
Duración: 92 min
País: Suíza
Dirección: Petra Biondina Volpe
Guión: Petra Biondina Volpe
Fotografía: Judith Kaufmann
Música: Emilie Lavienaise-Farrouch
Intérpretes: Leonie Benesch, Sonja Riesen, Alireza Bayram
SINOPSE
Floria é unha enfermeira que traballa con gran adicación profesionalidade na ala cirúrxica dun hospital suízo. Nunca comete un erro, sempre escoita as súas pàcentes mesmo nas situacións máis estresantes e sempre se amosa disposta en caso de emerxencia. Pero na dura e por veces impredicible realidade diaria do hospital as cousas poden ser diferentes. Un día chega para facer o turno de noite, a sala de urxencias está ateigada e hai falta de persoal. A pesar do ritmo frenético, Floria traballa incansable para atender a todos os pacientes pero comete un erro e A QUENDA ameaza con desbaratarse por completo. Comeza unha angustiosa carreira contrarreloxo.
PREMIOS
Premios do Cine Europeo (EFA) Proposta mellor actriz
Premios do cine suízo: tres propostas
Festival de cine de Sevilla: Mellor montaxe.
Premios Satellite Awards: 2 propostas



