Adiada a Presentación de Asun Bernárdez
Próximamente nova data
Desculpade as molestias
ECOFICCIONES:
Cine para sentipensar la crisis climática
Un libro que reflexiona sobre a crise ecosocial e como a tratan as ficcións cinematográficas. Unha reflexión que se fundamenta no cine e as series que foxen das solucións heroicas e presentan solucións colectivas. Un libro que busca ofrecer palabras de alento ás persoas que anceian vivir nun mundo mellor.
Asun Bernárdez
É catedrática de xornalismo na Universidad Complutense con múltiples traballlos arredor dos medios de comunicación de masas e a perspectiva de xénero. Actualmente dirixe o proxecto de I+D do Ministerio de Ciencia: La manosfera en las redes sociales. Produsage cultural para revertir los estigmas de género y la cultura del odio (2023-2027)