Presentación do libro “Al menos no llueve”
Coa presenza de Alba Pino
Al menos no llueve (Editorial DNX), de Alba Pino, é o relato dunha nova e prometedora directora de cine galega nacida en Cangas.
Despois de dez curtametraxes premiadas que viaxaron por festivais de todo o mundo e cunha primeira longametraxe en camiño, Alba Pino presenta este decálogo íntimo que describe a realidade da industria de cine para unha directora nova e con poucos recursos económicos.
Unha historia persoal que é tamén a de moitas mulleres que intentan abrir camiño na industria cultural e do espectáculo, aínda en mans dos homes.
Un ensaio tenro e divertido, no que a autora revisa a súa traxectoria persoal e profesional dende que decidiu dedicarse ao cine ata montar a súa propia produtora feminista (Matria Films).