Petite Maman
Título orixinal: Petite Mamam
VOSE
País: Francia
Ano: 2021
Dirección: Céline Sciamma
Guión: Céline Sciamma
Fotografía: Claire Mathon
Reparto: Joséphine Sanz, Gabrielle Sanz, Nina Meurisse, Stephane Varupenne, Margot Abascal, Florès Cardo, Josée Schuller, Guylène Péan
Duración: 72 min.
SINOPSE
Nelly ten 8 anos e acaba de perder á súa avoa. Mentres axuda a súa familia a baleirar a casa na que a súa nai creceu, explora intrigada o bosque que a rodea, onde a súa nai adoitaba xogar de pequena. Alí Nelly coñece a outra nena da súa idade, e a inmediata conexión entre ambas da paso a unha bonita amizade. Xuntas constrúen unha cabana no bosque e, entre xogos e confidencias, desvelarán un fascinante segredo.
PREMIOS
2021: Festival de Berlín: Premio do público. Sección oficial longametraxes a concurso
2021:Asociación de Críticxs de Los Angeles: Mellor película estranxeira
2021:Premios Independent Spirit: Nominada a mellor película estranxeira
2021: Festival de San Sebastián – Sección Perlas: Premio do Público 2021: Asociación de Críticxs de Chicago: Nominada a mellor película estranxeira
2021: British Independent Film Awards (BIFA): Nom. mellor film internacional
2021: Festival de Mar del Plata: Selección oficial longametraxes a concurso