Saltar ao contido
A Palabra feita imaxe

Obradoiro “A palabra feita imaxe”

A Palabra feita imaxe

Este obradoiro enmárcase dentro da exposición de Rosa Neutro “ESTÉTICAS DO CINEMA programada na XVI Semana de cine de Cangas “CINEMAS OCULTOS”. Esta mostra recolle unha ampla escolma de traballos dos últimos anos arredor da iconografía do cine clásico que poderá verse ata o 20 de novembro de 2021.

Neste taller exploraremos desde diferentes perspectivas a relación que se establece entre a palabra e a creación de imaxes, como se relacionan e se alimentan mutuamente no proceso de creación. Partindo de varios supostos, os/as asistentes xogarán coas palabras a través de propostas lúdicas e dinámicas para atopar novas formas de crear e deseñar imaxes conxugando imaxes propias e atopadas a través da fotomontaxe e a acción.

Data: Sábado 16 de Outubro, 2021
Horario: de 10:30 a 13h
Lugar: Auditorio de Cangas (3º andar)
Custe: 20€

www.rosaneutro.com

Data

16 Out 2021
Rematado!

Hora

10:30 - 13:00

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
Abril 2025
Cartel Flow Cineclube Cangas
Abr 04 2025
21:00

FLOW

Auditorio Municipal
Cartel Grand Tour Cineclube Cangas
Abr 25 2025
21:00

Grand Tour

Auditorio Municipal
Maio 2025
Cartel VERMIGLIO Cineclube Cangas
Mai 23 2025
21:00

Vermiglio

Auditorio Municipal
Xuño 2025
No event found!
Ver máis