O Corno
VO
Ano: 2023
Duración: 103 min.
País: España – Portugal – Bélxica
Dirección: Jaione Camborda
Guión: Jaione Camborda
Música: Camilo Sanabria
Fotografía: Rui Poças
Intérpretes: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás, Diego Anido.
SINOPSE
Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que a fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
PREMIOS
2023 – Festival de San Sebastián: Cuncha de Ouro (Mellor película)