Negro Púrpura
Coa presenza de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, Illa Bufarda.
Título orixinal: Negro Púrpura
País: Galicia
Ano: 2021
Dirección: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
Guión: Sabela Iglesias, Adriana P. Villanueva
Música: Paulo Pascual
Fotografía: Pilar Abades
Xénero: Documental
Duración: 90 min.
SINOPSE
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do dentón, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.