Saltar ao contido
Libertad

Libertad

Título orixinal: Libertad
VOE
País:  España
Ano: 2021
Dirección: Clara Roquet
Guión: Clara Roquet
Fotografía: Gris Jordana
Reparto: María Morera, Nicolle García, Nora Navas, Vicky Peña, Carol Hurtado, María Rodríguez Soto, David Selvas, Òscar Muñoz, Sergi Torrecilla, Mathilde Legrand
Duración: 104 min.

SINOPSE

A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por primeira vez na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar. Os xogos de nenos/as parécenlle ridículos e as conversas das persoas adultas aínda lle van grandes. Pero todo cambia coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora, e as dúas mozas rapidamente forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.

PREMIOS

2022: Premios Gaudí: Mellor película en lingua non catalana. Mellor guión, Clara Roquet. Mellor protagonista feminina, Maria Morera. Mellor fotografía, Gris Jordana. 2022: Premios Goya: Mellor dirección novel, Clara Roquet. Mellor actriz secundaria, Nora Navas.
2022: Premios Feroz: 4 candidaturas, incluíndo mellor película dramática
2021: Seminci de Valladolid: Sección oficial (film inaugural)

A venda de billetes de Cota Sesión Socio 0 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!
A venda de billetes de Cota Sesión NON Socio 4 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!

Data

11 Mar 2022
Rematado!

Hora

Todo o día

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
Abril 2024
Maio 2024
Mai 10 2024
21:00

Monstro

Auditorio Municipal
Xuño 2024
Xuñ 07 2024
21:00

A Quimera

Auditorio Municipal
No event found!