Libertad
SINOPSE
A familia Vidal pasa na súa casa de verán as últimas vacacións da avoa Ángela, que sofre Alzheimer avanzado. Por primeira vez na súa vida, Nora, de 14 anos, sente que non atopa o seu lugar. Os xogos de nenos/as parécenlle ridículos e as conversas das persoas adultas aínda lle van grandes. Pero todo cambia coa chegada de Libertad, de 15 anos e filla de Rosana, a muller colombiana que coida a Ángela. Rebelde e magnética, Libertad convértese na porta de entrada a un verán distinto para Nora, e as dúas mozas rapidamente forxan unha amizade intensa e desigual. Xuntas saen da burbulla de protección e confort que supón a casa familiar, descubrindo un mundo novo no que Nora se sente máis libre que nunca.
PREMIOS
2022: Premios Gaudí: Mellor película en lingua non catalana. Mellor guión, Clara Roquet. Mellor protagonista feminina, Maria Morera. Mellor fotografía, Gris Jordana. 2022: Premios Goya: Mellor dirección novel, Clara Roquet. Mellor actriz secundaria, Nora Navas.
2022: Premios Feroz: 4 candidaturas, incluíndo mellor película dramática
2021: Seminci de Valladolid: Sección oficial (film inaugural)