GALICIA EN CURTA 2026

BROM BROM FOLLAR
Galicia
Ano: 2026
Duración: 8 min.
Dirección: Sohu
Guión: Sohu, Nico NArgual
SINOPSE
Unha das lendas urbanas de máis sona en Vigo é a de dous mozos que morreron nun ciclomotor facendo o que máis lles gustaba: foder.
PREMIOS
Filmadrid 2026: Premio da mocidade

Algo novo que contar
V.O.
Galicia
Ano: 2025
Duración: 8 min.
Dirección: Paula Pereira
Guión: Paula Pereira e Emma Orio
Fotografía: Miguel Gomar
Intérpretes: Grial Montes, Lidia Veiga
Sinopse
Xoana pasa o verán coa súa irmá Silvia, que convida aos seus amigos, entre eles Emma, rapaza coa que Xoana ten un romance. Xoana é virxe e cada vez ve máis claro que pode chegar a ter sexo con Emma, cousa que lle dá moito terror.

Afeminadas
V.O.
Galicia
Ano: 2024
Duración: 11 min.
Dirección/Guión: Catuxa Prieto e Carlos Barba
Fotografía: Víctor Chao
Intérpretes: Dafne Costa, Beinjo, Moira Lutar, Pedro Domatos
SINOPSE
Unha muller volve á casa para lembrarse e recoñecerse a si mesma. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, afronta o lugar e as lembranzas.
PREMIOS
Mellor curtametraxe nos XXIII Premios Mestre Mateo

O corpo de cristo
V.G.
España
Ano: 2025
Duración: 12 min.
Dirección/Guión: Bea Lema
Música: Paloma Peñarrubia
SINOPSE
Un demo axexa a casa de Adela, atormentándoa. Isto lévaa á consulta dun psiquiatra que lle presenta a medicación como remedio total, cando o que precisa é que alguén a escoite.
PREMIOS
Premio Quirino 2026: ao desenvolvemento visual

Cara de cona
V.O.
Galicia
Ano: 2026
Duración: 12 min.
Dirección: Guillermo de Oliveira
Guión: Guillermo de Oliveira, baseado en Jack London
Fotografía: Carlos de Miguel
Música: Zeltia Montes
SINOPSE
Moncho obsesiónase coa chegada de Pardavila ao veciñado. Despois de tentar facerlle a vida imposible, artella un plan perfecto para matalo.

Boca de asno
V.O.
Galicia
Ano: 2026
Duración: 17 min.
Dirección/Guión: Carlos Calvar
Música: Damián Riobó
Intérpretes: Lidia Veiga, Denis Gómez, Marina Yuan Mauri Costa, José González, Adrián Outeda, Froján, Marko Otero, Anxo Sola
SINOPSE
No corazón da pandemia, a rutina de Ximena rompe cunha tarefa sinxela, sacar unha tixola vella, que desencadea unha viaxe chea de encontros estraños, música e un accidente que torce a súa realidade.
PREMIOS
Premio Quirino 2026: ao desenvolvemento visual







