GALICIA EN CURTA 2025
Ciclo de curtametraxes galegas dentro dos Cinemas Ocultos
Coa presenza de profesionais vinculados aos proxectos

Abellón
Ano: 2024
Dirección: Fon Cortizo
Guión: Fon Cortizo
Duración: 18 min.
Fotografía: Alicia Francés
Música: Said Giraux.
Intérpretes: Machi Salgado, Corina Alfonso, Helena Varela
SINOPSE
Álex está bloqueado. Traballa audiodescribindo películas para persoas con discapacidade visual. Lucía é cega de nacemento. Axuda a Álex amosándolle como percibe, como sente. Álex necesita sentir.
PREMIOS
Mellor curta do Festival Internacional de Cinema de Moscova
Premio do público no Zinebi de Bilbao
Contaremos coa presentación do Director e guionista Fon Cortizo

Adeus Berta
Ano: 2024
Dirección: Fernando Tato.
Guión: Ángela Andrada.
Duración: 18 min.
Fotografía: Alicia Francés
Música: Adrián Solla
Intérpretes: Gemma Do Carmo, Ángela Andrada
Sinopse
Alicia chega á casa dos seus pais na Pobra do Caramiñal, unha vila costeira de Galicia, para elixir a roupa que a súa nai levará para o velorio. Alí, reencóntrase coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación onde está a recibir tratamento.
PREMIOS
Premio do Xurado á Mellor Música Orixinal (Semana de Cine de Medina do Campo)
Contaremos coa presentación do Director Fernando Tato e a guionista Ángela Andrada

Pura
Ano: 2024
Duración: 25 min.
Dirección: Carmen Méndez
Guión: Carmen Méndez
Fotografía: Carmen Méndez
Intérpretes:
SINOPSE
Unha muller volve á casa para lembrarse e recoñecerse a si mesma. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, afronta o lugar e as lembranzas.
PREMIOS
Mellor curtametraxe nos XXIII Premios Mestre Mateo

Curmán
Ano: 2025
Duración: 24 min.
Dirección: Alejandro Jato
Guión: Alejandro Jato
Fotografía: Alicia Francés
Música: Nico Casal
Intérpretes: Xurxo Cuquejo, Brais Sixto, Melania Cruz, Denís Gómez, Susana Sampedro, Machi Salgado
SINOPSE
Antón viaxa á aldea dos seus avós para recibir a Primeira Comuñón. Alí, mentres celebra este día especial coa súa familia, comeza a tomar forma unha nova forma de ver o mundo que o rodea, que o levará a unha experiencia que marcará para sempre a súa vida como individuo, como primo e como fillo de Deus.
PREMIOS
Festival de Cans Mellor Ficción, Mellor Actriz (Melania Cruz), Mellor Fotografía (Alicia Francés) e Premio do Xurado de Veciños.



