Saltar ao contido
Galicia en Curta. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

GALICIA EN CURTA 2024


Cartel O niño dos paxaros. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

O niño dos paxaros

Ano: 2021
Dirección: Lucía Estévez
Guión: Lucía Estévez, Manu Estévez
Duración: 16 min.
Fotografía: Ariadna Cordal, Dani Cornes.
Música: Xavier Bértolo, Golpes Bajos.
Intérpretes: Manu Estévez, Diego Anido, María Tasende.

SINOPSE

Os pardais fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portón á primeira hora da mañá, voan rápido para entrar. Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80

Cartel Habitar. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

Habitar

Ano: 2023
Dirección: Anxos Fazáns
Guión: Anxos Fazáns
Duración: 14 min.
Fotografía: Sara Traba
Música: Xavier Bértolo, Golpes Bajos.
Intérpretes: Nicolás Martínez, Xanhe – O Rabelo, Xácia Ceive, Greta Debelius

Sinopse

Que é un fogar? Pode un corpo ser unha casa? Este filme trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero galegas.

Cartel To bird or not to bird. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

To bird or not to bird

Ano: 2022
Duración: 9 min.
Dirección: Martín Romero
Guión: Martín Romero
Música: Joseba Beristain

SINOPSE

Nun mundo dominado polo ser humano, os paxaros semellan ter adoptado os mesmos hábitos, preocupacións e obsesións.

PREMIOS

Mestre Mateo: Mellor curta animación.
Goya: Mellor curta animación
Outros 19 premios máis

Cartel Non te vexo. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

Non te vexo

Ano: 2023
Duración: 14 min.
Dirección: Xacio Baño
Guión: Xacio Baño
Fotografía: Lucía C. Pan
Intérpretes: Sabela Eiriz

SINOPSE

Un Mississippi, dous Mississippis, tres Mississippis

PREMIOS

Festival Cinematográfico Internacional del Uruguay: Mellor curta
Cortocircuíto: Premio ao mellor irector galego.
Goya: Nomeada ao mellor documental experimental.

Cartel Nena Loureiros. XIX Semana do cine 2024 Cinemas Ocultos Cangas do Morrazo

Nena

Ano: 2023
Duración: 15 min.
Dirección: Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias.
Guión: Xosé A. Touriñán
Fotografía: Pedro Tizón
Música: Belém Tajes
Intérpretes: Antía Touriñán, Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón.

SINOPSE

Os últimos anos veñen marcados a nivel global por unha pandemia… e a nivel persoal por unha horta. Cando saír de casa non era o aconsellable, as sementes convertéronse no imperativo. E así creceu, máis e mellor, a horta ao redor da cal viraban as vidas das nosas protagonistas en casa. Amaia e Carmen son, xunto ás súas mascotas, personaxes desta historia protagonizada polo mundo vexetal.

A venda de billetes de Cota Sesión Socio 2 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!
A venda de billetes de Cota Sesión NON Socio 4 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!

Data

08 Out 2024
Rematado!

Hora

21:00

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
No event found!