Saltar ao contido
Cartel Galicia en Curta Cineclub Cangas Cinemas Ocultos

GALICIA EN CURTA 2023


O neno sardiña Galicia en Curta Cineclub Cangas

O neno sardiña

Ano: 2022
Dirección: Lucía Estévez
Guión: Lucía Estévez
Duración: 14 min.

SINOPSE

Nun punto sen determinar do río Miño, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás a aqueles que celebran o seu enterro co fin do Entroido. Descoñécese que provoca a súa transformación, pero din que os ollos máis atentos poden captar de preto a humidade na súa pel. A súa existencia está confirmada polas persoas máis escépticas da zona. Ninguén no lugar o dubida. 

O coidado Galicia en Curta Cineclub Cangas

O coidado

País: Galicia
Ano: 2023
Dirección: Miguel Canalejo
Duración: 18 min e 25”

Sinopse

Eduardo é un home que empeza a ter problemas para coidar de si mesmo. Na súa casa, a que noutro tempo foi a casa familiar, vive só cun androide cuxa única función é mellorar a súa calidade de vida. A través do trato co robot, Eduardo atopa a relación de intimidade que non é quen de afianzar co seu fillo Anxo.

Mariví na pel da memoria Galicia en Curta Cineclub Cangas

Mariví na pel da memoria

País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Laura Piñeiro e Coral Piñeiro
Duración: 14 min.

SINOPSE

Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde naceu a nosa remitente. Mariví con 14 anos vese na obriga  de exiliarse por culpa do golpe de estado Teñen as súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas, a das historias que nos precederon nos lugares onde crecemos?

PREMIOS

Selección Play-Doc 2023 International Documentary Festival
Premio Furacáns mellor curta de non ficción no Festival de Cans

Para matar a guerra cartel película cineclub Cangas

Para matar a guerra

País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Xoán Fernández Diz
Duración: 16 min.

SINOPSE

Hoxe en día, as novas xeracións están cada vez máis afeitas a vivir día a día con imaxes que ilustran os horrores e as consecuencias da guerra. Non só a través da televisión e Internet, senón tamén a través do cine.

Nun tempo da horta cartel película Galicia en Curta Cineclub Cangas

Nun tempo de horta

País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Carmen PG Granxeiro
Duración: 28 min.

SINOPSE

Os últimos anos veñen marcados a nivel global por unha pandemia… e a nivel persoal por unha horta. Cando saír de casa non era o aconsellable, as sementes convertéronse no imperativo. E así creceu, máis e mellor, a horta ao redor da cal viraban as vidas das nosas protagonistas en casa. Amaia e Carmen son, xunto ás súas mascotas, personaxes desta historia protagonizada polo mundo vexetal.

Reservar

Cota Sesión Socio 2

Galicia en Curta. 3 outubro 2023 (Cota socio)

Dispoñibeis Billetes: 337
The Cota Sesión Socio 2 ticket is sold out. You can try another ticket or another date.
Cota Sesión NON Socio 4

Galicia en Curta. 3 outubro 2023 (Cota NON socio)

Dispoñibeis Billetes: 337
The Cota Sesión NON Socio 4 ticket is sold out. You can try another ticket or another date.

Data

03 Out 2023

Hora

21:00

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
RESERVA
Setembro 2023
Outubro 2023
Level 5 cartel película Cinemas Ocultos Cangas
Out 04 2023
21:00

Level five

Auditorio Municipal
Cartel Sonne Cinemas Ocultos Cangas
Out 05 2023
21:00

Sonne

Auditorio Municipal
No event found!
Ver máis