GALICIA EN CURTA 2023
Ciclo de curtametraxes galegas dentro dos Cinemas Ocultos
Coa presenza de profesionais vinculados aos proxectos
O neno sardiña
Ano: 2022
Dirección: Lucía Estévez
Guión: Lucía Estévez
Duración: 14 min.
SINOPSE
Nun punto sen determinar do río Miño, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás a aqueles que celebran o seu enterro co fin do Entroido. Descoñécese que provoca a súa transformación, pero din que os ollos máis atentos poden captar de preto a humidade na súa pel. A súa existencia está confirmada polas persoas máis escépticas da zona. Ninguén no lugar o dubida.
O coidado
País: Galicia
Ano: 2023
Dirección: Miguel Canalejo
Duración: 18 min e 25”
Sinopse
Eduardo é un home que empeza a ter problemas para coidar de si mesmo. Na súa casa, a que noutro tempo foi a casa familiar, vive só cun androide cuxa única función é mellorar a súa calidade de vida. A través do trato co robot, Eduardo atopa a relación de intimidade que non é quen de afianzar co seu fillo Anxo.
Mariví na pel da memoria
País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Laura Piñeiro e Coral Piñeiro
Duración: 14 min.
SINOPSE
Unha carta a Mariví Villaverde, filla do alcalde republicano da vila onde naceu a nosa remitente. Mariví con 14 anos vese na obriga de exiliarse por culpa do golpe de estado Teñen as súas vidas algo que ver? Son visibles as pegadas das persoas, a das historias que nos precederon nos lugares onde crecemos?
PREMIOS
Selección Play-Doc 2023 International Documentary Festival
Premio Furacáns mellor curta de non ficción no Festival de Cans
Para matar a guerra
País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Xoán Fernández Diz
Duración: 16 min.
SINOPSE
Hoxe en día, as novas xeracións están cada vez máis afeitas a vivir día a día con imaxes que ilustran os horrores e as consecuencias da guerra. Non só a través da televisión e Internet, senón tamén a través do cine.
Nun tempo de horta
País: Galicia
Ano: 2022
Dirección: Carmen PG Granxeiro
Duración: 28 min.
SINOPSE
Os últimos anos veñen marcados a nivel global por unha pandemia… e a nivel persoal por unha horta. Cando saír de casa non era o aconsellable, as sementes convertéronse no imperativo. E así creceu, máis e mellor, a horta ao redor da cal viraban as vidas das nosas protagonistas en casa. Amaia e Carmen son, xunto ás súas mascotas, personaxes desta historia protagonizada polo mundo vexetal.