Saltar ao contido
Cartel Dunia e outros contos do mundo Cinemas Ocultos Cangas

Dunia e outros contos do mundo

A partir de 7 anos

Cartel Dunia e outros contos do mundo Cinemas Ocultos Cangas

Título: Dunia
Título orixinal: Dounia
País: Canadá
Ano: 2020
Dirección: Marya Zarif e André Kadi
Duración: 28 min.

SINOPSE

Dunia é unha nena de seis anos á que lle gusta moito xogar, aprender e descubrir novas historias. Vive co seu avó e avoa en Alepo, ata que un día vense na obriga de deixar o país por culpa da guerra.

Cartel Cinema Rex Cinemas Ocultos Cangas

Título: Cinema Rex
País: Israel
Ano: 2020
Dirección: Mayan Engelman e Eliran Peled
Duración: 6 min.

SINOPSE

Nunha cidade dividida, un neno e unha nena de bandos rivais atópanse no Cinema Rex. El só fala hebreo e ela só fala árabe, pero aínda que non comparten a mesma lingua, lograrán formar unha verdadeira amizade baseada nunha linguaxe máxica: a do cine.

Cartel curta América Cinemas Ocultos Cangas

Título: América
País: Israel
Ano: 2020
Dirección: Nadav Arbel
Duración: 15 min e 22”

SINOPSE

Unha nai e o seu fillo viven na Tel Aviv de 1950. A nai soña cun futuro lonxe de Israel, mentres que o fillo está ocupado imaxinando mundos de fantasía.

Cartel Bango Vassil Cinemas Ocultos Cangas

Título: Bango Vassil
País: Bulgaria
Ano: 2016
Dirección: Milen Vitanov e Vera Trajanova
Duración: 9 min

SINOPSE

Dous nenos comparten un fin de ano diferente: realizan unha viaxe xeada na que terán que atravesar augas e culturas para entenderse, respectarse e comezar de cero.

A venda de billetes de Cota Sesión Socio 1 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!
A venda de billetes de Cota Sesión NON Socio 3 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!

Data

07 Out 2023
Rematado!

Hora

18:00

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
Maio 2024
Xuño 2024
Xuñ 07 2024
21:00

A Quimera

Auditorio Municipal
No event found!