Saltar ao contido

Curtametraxes Goya 2023

A PRIMEIRA COUSA

Título orixinal: La Prima Cosa
Ano: 2021
Dirección: Omar A. Razzak, Shira Ukrainitz
Guión: Omar A. Razzak, Shira Ukrainitz
Música: Olivier Arson
Duración: 18 min.
Animación
Premios:
Premios Goya 2023: Candidata a mellor curtametraxe de animación

SINOPSE

Retrata a amizade entre Kookoo Rikoo, o único pallaso árabe cristián ortodoxo israelí, e unha nena siria supervivente da guerra.


CORDAS

Título orixinal: Cuerdas
Ano: 2022
Dirección: Estibaliz Urresola Solaguren
Guión: Estibaliz Urresola Solaguren
Música: Olivier Arson
Duración: 30 min.
Fotografía: Lara Vilanova
Intérpretes: Begoña Suarez, Miguel Garcés, Xanti Aguirrezabalaga, Jone Laspiur, Oier Zuñiga, Ainhoa Jauregi
Premios:
Premios Goya 2023: Candidata a mellor curtametraxe de ficción
XXVIII Premios Forqué (2022): Mellor curtametraxe

SINOPSE

Rita pertence a un coro que corre perigo de disolverse: perderon a subvención que lles permitía alugar unha sala de ensaio. O grupo ten que decidir se acepta o patrocinio da empresa que causa a contaminación no val.


ARQUITECTURA EMOCIONAL 1959

Ano: 2022
Dirección: León Siminiani
Duración: 30 min.
Intérpretes: Marta Carmona, Manuel Egozkue
Premios:
Premios Goya 2023: Candidata a mellor curtametraxe de ficción

SINOPSE

Outubro de 1959. Sebas, 18 anos. Andrea, 19. Comparten estudos de Filosofía e Letras. Acaban de coñecerse. Frechazo. Asistimos ao desenvolvemento da súa relación durante o curso académico 58-59. A súa diferenza de clase e a galopante politización de Andrea afondan nas súas diferenzas ata precipitar a ruptura a piques de comezar o verán. Porén, algo alén deles parece intervir para reescribir o destino da súa relación. Algo que podería ter que ver coa arquitectura.


A ENTREGA

Título orixinal: La entrega
Ano: 2022
Dirección: Pedro Díaz
Guión: Fran Carballal e Pedro Díaz
Música: Alberto Torre
Fotografía: Luis Guijarro
Reparto: Ramón Barea, Ferrán Villajosana, Ana Del Arco, Laura Galán, Mila Pérez
Duración: 24 min.
Premios:
Premios Goya 2023: Candidata a mellor curtametraxe de ficción
Festival de Cans 2022: Premio do público

SINOPSE

Armando ten 80 anos. Un trauma impídelle saír da casa desde hai unha década. O seu único contacto co exterior é a través do repartidos a domicilio que lle leva os pedidos que lle manda o fillo desde o estranxeiro.

A venda de billetes de Cota Sesión Socio 0 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!
A venda de billetes de Cota Sesión NON Socio 4 rematou. Proba na billeteira do Auditorio antes do comezo!

Data

10 Feb 2023
Rematado!

Hora

21:00

Lugar

Auditorio Municipal
Cangas
No event found!