Coloquio con Antonio Rial Boubeta sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia e proxección de Arenal
Entrada de balde
O uso das TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación), adoita traer consigo serios problemas a nivel emocional e de convivencia, especialmente nun período vital tan crítico como é a adolescencia.
O dilema da tecnoloxía é o que define a este novo período histórico. Ser quen de superalo como sociedade constitúe un dos grandes desafíos desta nova era, pero tamén unha magnífica oportunidade para recuperar as rendas das nosas vidas, individual e colectivamente.
ANTONIO RIAL
Doutor en Psicoloxía Social e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol e sustancias.
Título: Arenal
País: España
Ano: 2022
Dirección: Rafa Alberola
Guión: Rafa Alberola
Fotografía: Giuseppe Truppi
Música: Pedro Ladroga
Intérpretes: Gonzalo Herrero, Juan Arango, Olivia Delcán, Violeta Orgaz, Kimberly Tell
Duración: 22 min.
Sinopse
Dous amigos adolescentes pasan o mes de agosto en Madrid, pero non se poden ver. Gonzalo suspendeu varias materias e está castigado, pechado en casa, estudando para setembro. Ao mesmo tempo, o seu amigo Charlie recorre a cidade en monopatín mentras fai fotos e vídeos que comparte en Instagram aínda que, en realidade, o que máis lles gustaría é estar con Gonzalo.
Premios
2020 Mellor curtametraxe Festival de Málaga