A Virxe Roxa
Coa presenza do director Marcos Nine
Título orixinal: A Virxe Roxa
País: España
Ano: 2021
Dirección: Marcos Nine
Guión: Marcos Nine, Rocío González
Música: Arturo Kress
Duración: 94 min.
SINOPSE
O 9 de xuño de 1933, un crime convulsionou a opinión pública española: Aurora Rodríguez Carballeira matou a tiros a súa propia filla, Hildegart, unha brillante e reputada intelectual, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era unha das mulleres máis destacadas da Segunda República española. Publicou varios libros sobre educación sexual e o papel da muller na sociedade moderna, foi periodista e membro do partido socialista.
PREMIOS
22021: Blackboard International Film Festival. India. Mellor documental
2022: Festival Internacional de Cine Documental DOCA. Mellor longametraxe documental
2022: Caracas Iberoamerican Film Fest. Mellor película documental
2022: Mestre Mateo. Mellor documental