A consagración da primavera
Título orixinal: La consagración de la primavera
País: España
Ano: 2022
Dirección: Fernando Franco
Guión: Fernando Franco, Bego Aróstegu
Música: Maite Arrotajauregi, Beatriz Vaca
Fotografía: Santiago Racaj
Reparto: Valeria Sorolla, Telmo Irureta, Emma Suárez
Duración: 110 min.
SINOPSE
Laura (Valeria Sorolla) chega a Madrid para instalarse nun Colexio Maior e estudar a carreira de Químicas. Soa e case sen cartos, intenta adaptarse a súa vida universitaria mentres lidia coas súas inseguridades. Unha noite, por casualidade, coñece a David (Telmo Irureta), un mozo con parálise cerebral que vive coa súa nai, Isabel (Emma Suárez). Laura inicia con eles unha relación de confianza mutua que lle axuda a superar os seus complexos e afrontar unha nova etapa cara a madurez. A consagración da primavera é unha historia sobre ese momento vital no que todo é posible e sobre como o encontro máis inesperado pode cambiarnos a vida.