Saltar ao contido
Inicio / PAPÁ, POR QUE QUITAS A MÚSICA?

PAPÁ, POR QUE QUITAS A MÚSICA?

2020 | 11’ | España | Galego | Estrea mundial

Captura de pantalla 2020-09-04 a las 12.21.49

Dirección e guión: Ariadna Cordal 

Fotografía: Andrea Alonso

Son: Juan Garrido 

Música: Dani Cornes 

Montaxe: Andrea Alonso 

Elenco: Víctor Mosqueira, Manuel Estévez e Olga González

Vai de: Por mor dunha situación económica adversa, un pai perde o traballo e cae nunha depresión. Cando a relación coa súa familia vai a peor, a muller e o fillo intentan axudalo.

O detalle: Por segunda vez, unha obra desta realizadora cambadesa é seleccionada no Festival de Cans. Esta curta chega despois de que Ariadna avanzase na súa formación como cineasta no Eckerd College de Florida (EE.UU.).