2020 | 7’ 48” | España | Sen diálogos | Estrea en Galicia
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Guille Vázquez
Produtor: Guille Vázquez
Deseño de produción: Carmen Triñanes
Son: Gabriel Fernández
Música: Javier Fajardo
Elenco: Ede e Hugo Aja
Xénero: Fantástico / Experimental
Vai de: Unha moza busca a alguén que entrou na súa casa cando intentaba durmir, aínda entre o soño e a vixilia. Baseado no cadro The Nightmare, de Henry Fuseli.
O detalle: A curta foi seleccionada na competición oficial do Festival de Málaga. A protagonista, Ede, compaxina a interpretación coa música e colabora con artistas como Xoel López.