2020 | 6’ | España | Muda, con rótulos en castelán | Estrea mundial
Dirección, guión, fotografía, son e montaxe: Borja Santomé Rodríguez
Vai de: A través de dous personaxes e a súa viaxe ás montañas, cóntase un estraño intento de conexión coa natureza que remata na confusión, mergullándonos nun calidoscopio de imaxes e experiencias oníricas que falan do desexo de fuxir da vida urbana.
O detalle: Con El reloj, Borja Santomé ganou en 2018 en Cans o Premio do Xurado á Mellor Curta de Animación. Nesta edición do festival estrea a súa nova obra, creada despois dunha estadía en París.