2020 | 17’ 54’’ España | Catalán e español, con subtítulos | Estrea en Galicia
Dirección e guión: Miguel Gago Caamaño
Produción: Mireia Graell
Fotografía: Alex Pizzigallo
Son: Pablo Gregorio
Música: Mario G. Cortizo
Montaxe: Álvaro Gago e Miguel Gago
Elenco: Duna Molera, Rosalía Omil, Òscar Rabadán, Pol Fernández, Dafnis Balduz e Pol Nubiala
Vai de: Perseguindo ao seu primo Salvador, a pequena Luci caerá no feitizo dun bosque que a guiará e protexerá para que poida escapar dun enfrontamento entre a Guardia Civil e un grupo de maquis comandados por unha misteriosa muller.
O detalle: Ópera prima do arousán Miguel Gago que estivo a concurso no Medina Film Fest. Coproducida polo seu curmán Álvaro Gago, co que curiosamente competirá por primeira vez nun festival.