Saltar ao contido
Inicio / BADALADAS DE AMOR E MORTE

BADALADAS DE AMOR E MORTE

2019 | 19’ | España | Galego |  Estrea en Galicia

Captura de pantalla 2020-09-04 a las 12.21.11

Dirección e guión: Iria Ares 

Produción: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares

Fotografía: Fernando Jover 

Son: Xavier Olite 

Música: Manu Conde 

Montaxe: Marino García 

Elenco: Iria Ares, Xoán Carlos Mejuto e Manuel Lourenzo (narrador)

Vai de: Unha homenaxe ao cine de Orson Welles e a dramaturxia de Roberto Vidal Bolaño. Unha historia romántica cunha única protagonista: a morte. Conta a lenda que o último día do ano, cando soan as 12 badaladas de medianoite, acoden ao cemiterio as almas dos que van morrer ao ano seguinte. Serás ti un deles?

O detalle: Iria Ares volve ser finalista en Cans, por segunda vez, con esta singular curta en branco e negro seleccionada na competición oficial do Medina Film Fest.