21:00 SEN AMOR
Título orixinal: Nelyubov
Ano: 2017
Duración: 128’
País: Rusia
Dirección: Andrey Zvyagintsev
Guión: Andrey Zvyagintsev, Oleg Negin
Música: Evgueni Galperine
Fotografía: Mikhail Krichman
Intérpretes: Maryana Spivak, Aleksey Rozin, Matvey Novikov
Sinopse:O matrimonio formado por Zhenya e Boris está decidido a divorciarse: o amor rematou entre eles e atopárono noutras persoas. Namentres, o seu fillo Aloshya vive esta situación fronte á pantalla do seu ordenador e escondendo as súas bágoas. Durante unha última pelexa, o neno desaparece. Unidos polo que máis lles importa a ambos, terán que loitar por encontrar a Aloshya nunha busca que supón un punto de inflexión na relación da parella.
Premios e mencións:
2017: Premios Óscar: Nomeada á Mellor película de fala non inglesa
2017: Festival de Cannes: Premio do Xurado
2017: Globos de Ouro: Nomeada Mellor película de fala non inglesa
2017: Premios BAFTA: Nomeada Mellor película de fala non inglesa
2017: Premios do Cine Europeo: Mellor BSO e fotografía
2017: National Board of Review (NBR): Mellores películas estranxeiras do ano
2017: Críticos dos Ánxeles: Mellor película estranxeira
2017: Asociación de Críticos de Chicago: Nominada a mejor película estranxeira
2017: Premios Independent Spirit: Nomeada á Mellor película estranxeira
2017: Satellite Awards: Nomeada á Mellor película de fala non inglesa
2017: British Independent Film Awards (BIFA): Nomeada a Mellor película internacional independente