Saltar ao contido
Inicio / 27 MARZO – A FILLA DUN LADRÓN

27 MARZO – A FILLA DUN LADRÓN

21:00 A FILLA DUN LADRÓN

 

Título orixinal: La hija de un ladrón
Ano: 2019
Duración: 102’
País: España
Dirección: Belén Funes
Guión: Belén Funes, Marçal Cerbián
Intérpretes: Greta Fernández, Eduard Fernández, Àlex Monner, Frank Feys

Sinopse: Sara estivo soa toda a súa vida. Ten 22 anos e un bebé, o seu desexo e formar unha familia normal xunto ao seu irmán pequeno e o pai do seu fillo. O seu pai, Manuel, logo de anos de ausencia e ao saír do cárcere, decide reaparecer nas súas vidas. Sara sabe que el é o principal obstáculo nos seus planes e toma unha decisión difícil: afastalo dela e do seu irmán.

A filla dun ladrón é a primeira película na que actúan xuntos Eduard e Greta Fernández, interpretando os seus papeis da vida real, pai e filla.