Saltar ao contido
Inicio / 24 XANEIRO – PARÁSITOS

24 XANEIRO – PARÁSITOS

21:00 PARÁSITOS

Título orixinal: 기생충 – Gisaengchung
Ano: 2019
Duración: 132’
País: Corea
Dirección:  Bong Joon Ho
Guión: Bong Joon Ho, Han Jin Won
Intérpretes: Song Kang Ho, Lee Sun Kyun, Cho Yeo Jeong, Choi Woo Shik, Park So Dam, Lee Jung Eun, Chang Hyae Jin

Sinopse: Toda a familia de Ki-taek está no paro e interésase moito polo tren de vida da riquísima familia Park. Un día, o seu fillo logra que o recomenden para dar clases particulares de inglés na casa dos Park. É o comezo dunha engrenaxe incontrolábel, da que ninguén sairá realmente indemne.

Premios: Palma de Ouro do festival de Cannes 2019 por unanimidade do xurado, a nova película do director coreano Bong Joon ho (Memories of MurderMotherSnowpiercer) converteuse nun fenómeno de crítica e público alí onde estreou. Arrasando no box office de Francia con máis de 1.000.000 de entradas vendidas, favorita da crítica internacional nos festivais onde ten participado, PARÁSITOS é, sen ningunha dúbida, unha das películas máis importantes do ano e posiblemente da década.