Saltar ao contido
Inicio / 22 NOVEMBRO – CANGAS EN NEGRO

22 NOVEMBRO – CANGAS EN NEGRO

FECIGA – 25 N Día internacional da Eliminación  da Violencia contra a Muller

CANGAS EN NEGRO-1 logofecigalogo

16 DE DECEMBRO

16_de_decembro_s-300499826-large

Título orixinal: 16 de Decembro
Dirección e guión: Álvaro Gago
Ano: 2019
Duración: 13:51′
País de producción: España
Lingua: Galego

Sinopse: Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmano e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

O director:  (Vigo, 1986). Álvaro estuda comunicación e música en Pontevedra, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradua no 2013 coa curta Curricán, gañadora do premio á mellor dirección en Curtocircuito e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como director e montador e compaxina o seu traballo coa impartición de clases na Young Film School e a organización do Galician Film Forum.

A súa última curta obtén unha nominación aos Goya 2019 e gaña mais de sesenta premios, entre eles o Mestre Mateo 2018 e o gran premio do xurado no Festival de Sundance 2018. Ese mesmo ano realiza a montaxe de Trote, a primeira película de Xacio Baño, que ten a súa estrea mundial no Festival de cine de Locarno 2018 e nacional no Festival de San Sebastián 2018.

A súa seguinte curtametraxe 16 de decembro ten a súa estrea internacional no Festival de Locarno 2019. Actualmente está desenrolando o guión da súa primeira longametraxe titulada Algo parecido á felicidade

Premios
Festival del Film Locarno (Suiza)
AFI Fest – Los Angeles
El Gouna Film Festival (Exipto) – Mención Especial
ABYCINE – Festival de Cine de Albacete – Mellor Curtametraxe
Festival cinema Méditerranéen Montpellier – CINEMED (Francia)
Leeds int. Film Festival (UK)
Bogoshorts – Bogotá Short Film Festival
Cinema Jove – Festival Internacional de Cine de Valencia
Reykjavík International Film Festival (Islandia)
Semana Internacional de Cine de Valladolid – SEMINCI
ALCINE – Festival de Cine de Alcalá de Henares
Curtocircuito – Fest. Int. de cine de Santiago de Compostela – Mención Especial
FicBueu – Festival Int. Curtametraxes
Festival de Cine de Madrid PNR
Cortogenia – Temporada de estrenos de cortometrajes
FASCURT – Festival de curtmetratges del Masnou
FICBE – Festival Int. de Cortometrajes de Temática Social Berriozar – Mellor Curtametraxe
Festival de Cortos Diputación de Jaén contra la Violencia de Género — Mellor Curtametraxe
Cormorán Film Fest – Premio do público

SUC DE SÍNDRIA

suc_de_sindria_s-325403257-large

Título orixinal: Suc de Síndria
Dirección: Irene Moray
País de producción: España
Ano: 2019
Duración: 22’
Lingua: Catalán

Sinopse:  Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade.

Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sanar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.

A Directora: Irene Moray (1992) é fotógrafa e cineasta. En 2012 trasladouse a Berlín e durante tres anos formou parte do colectivo de performances the – – family, co cal actuou en distintas entidades culturais por toda Europa, como o Astrup Fearnley Museum de Oslo ou a Chisenhale Gallery de Londres.

Durante a súa estancia en Berlín dirixiu o seu primeiro curto de ficción: Bad Lesbian. Logo de catro anos en Alemania, decidiu volver á súa terra natal onde rodou o seu último curto como guionista e directora: Suc de síndria. Traballa como fotógrafa para distintas axencias,  productoras e editoriais como i-D, Dream Magazine, Garage Films, Distinto Films ou Erika Lust.

Festivais, premios e mencións (2019)
69º Internationale Filmfestpiele Berlin, Berlinale Shorts, EFA (European Film Awards) Nomination
TIFF – Toronto International Film Festival, Sección Internacional
Chicago International Film Festival
BFI – London Film Festival
Festival de Málaga. Sección Oficial de Curtametraxes, Mellor actriz (Ex aequo) Elena Martín
Semana de Cine Medina del Campo, Certamen Nacional de Curtas, Roel de Plata, Mellor Actriz
Las Palmas de Gran Canaria International Film Festival, Sección informativa Panorama España
IndieLisboa – International Independent Film Festival
TOFIFEST – International Film Festival – Grand Prix
Stockholm Film Festival
Encounters – Bristol Short Film and Animation Festival
BAFICI, Buenos Aires Festival Int. de Cine Independiente, Competencia Oficial Internacional
37º Festival Cinematográfico Internacional de Uruguay, Competencia Oficial Internacional
D’A Film Festival Barcelona, Cortos Un Impulso Creativo, Premio del Publico
KuzFilm Festival Hamburgo, International Competition
Premios Pávez-Festival Nacional de Cortometrajes de Talavera de la Reina, Sección Oficial
Festival de Cinema de València- Cinema Jove , Sección Oficial de Curtametraxes
Premio Feroz á Mellor Curtametraxe
Festival Internacional de Cine Independiente de Elche, Secció Oficial
Melbourne International Film Festival, International Shorts
Curta Kinoforum – São Paulo International Short Film Festival, Sección Internacional.