Saltar ao contido
Inicio / 16 DE DECEMBRO

16 DE DECEMBRO

2019 | 13’ 51’’ | España | Galego e español

Captura de pantalla 2020-09-04 a las 12.25.35

Dirección e guión: Álvaro Gago 

Produción: Mireia Graell e Álvaro Gago 

Fotografía: Lucía C. Pan 

Son: Xavier Souto 

Música: Xavier Bértolo 

Montaxe: Ricardo Saraiva 

Elenco: Cris Iglesias, Javier Valcarce

Vai de: Sábado á noitiña. O balón móvese rápido dun extremo a outro. Os corpos tentan gañar a posición nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

O detalle: Gañador do noso festival  en dúas edicións, a última delas coa aplaudida Matria, Álvaro Gago regresa este ano a Cans cunha curta estreada no Festival de Locarno que leva apañados xa máis de dez premios internacionais