21 FEBREIRO – EROSKI PARAÍSO

21:00 EROSKI PARAÍSO

Título orixinal: Eroski Paraíso
Ano: 2019
Duración: 75’
País: Galicia
Dirección: Jorge Coira, Xesús Ron
Guión: Chévere
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luís Martínez, Ana Santos, Federico Pérez

Sinopse: Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada e, pasados uns meses, casaron e tiveron a Alejandra. No ano 2019 Alejandra medrou e converteuse nunha prometedora cineasta que regresa á casa para filmar un documental sobre a vida de seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan anos sen verse e a vella discoteca onde se coñeceran transformouse nun supermercado Eroski.