Saltar ao contido
Inicio / XOVES 4 OUTUBRO

XOVES 4 OUTUBRO

21:00 MATAR A XESÚS

04:10 MATAR A XESÚS

Título Orixinal: Matar a Jesús
Ano: 2017
Duración: 95´
País: Colombia
Dirección: Laura Mora Ortega
Guión: Alonso Torres, Laura Mora Ortega
Fotografía: James L Brown
Intérpretes: Natasha Jaramillo, Giovanni Rodríguez, Camilo Escobar, Carmenza Cossio, Juan Pablo Trujillo, José David Medina, Juan Camilo Cárdenas

Sinopse:
Paula, unha estudante de 22 anos, presencia o asasinato do seu pai, popular profesor de ciencias políticas dunha universidade pública da cidade de Medellín. Desde a distancia, logra ver o asasino mentres se afasta a toda velocidade nunha motocicleta. Con devastación pola dor tras os feitos, Paula e a súa familia terán que enfrontar a indolencia oficial. As autoridades non farán esforzo ningún por esclareceren o acontecido e o caso axiña ha quedar arquivado e suspendido.

Premios:
2017: Festival de San Sebastián: Premio da Mocidade
2017: Festival de La Habana: Premio Coral Especial do Xurado (Ópera Prima)