Saltar ao contido
Inicio / EL GRAN CORELLI

EL GRAN CORELLI

2019 | 7’ 42” | España | Español | Estrea en Galicia

Captura de pantalla 2020-09-04 a las 12.19.12

Dirección: Abel Carbajal

Guión: Abel Carbajal e David Gascón

Produtora: ESCAC Films

Fotografía: Àlvar Riu Música: Fernando Furones

Montaxe: Abel Carbajal

Vai de: O gran Corelli é un novo e exitoso mago no cénit da súa carreira. Pero, na actuación máis importante da súa vida, comete un erro na execución do número que lle deu máis sona, ‘A cadeira flotante’. Ese inesperado fracaso marcará o seu futuro, onde só o alcohol lle axuda a saír a escena.

O detalle: Este director mozo, nacido na Estrada, é unha das grandes promesas internacionais da animación. Traballa habitualmente en Laika Studios, en Portland (EE. UU.), unha das factorías de stop motion máis importantes do mundo. Curta estreada na última edición do Festival de Sitges.